O estudio

Arquitectos especializados en construción con madeira e deseño de interiores. Nos proxectos téntase manter a sinxeleza e a lóxica construtiva para uns bos resultados. É fundamental a importancia do deseño e non as modas para mellorar os espazos, á fin e ao cabo as protagonistas do deseño son as persoas.

Colaboradores en distintos ambitos para proxectos de rehabilitación, reforma, obra nova e recuperación de patrimonio. Especializados na madeira como material ideal e tradicional da arquitectura. Impórtanos a sustentabilidade, o deseño bioclimático e a bioconstrucción ou o uso de materiais non contaminantes, así como ao carácter social e colectivo da arquitectura.

Preocupámonos da percepcion do espazo interior, como conseguir que os espazos sexan realmente habitables física e psicoloxicamente. Desenvolvemos un deseño actual, contemporáneo. Tamén traballamos a recuperación e rehabilitación de edificios, tanto históricos como degradados ou infrautilizados.

A nosa aposta é pola arquitectura sostible, a construción natural. Encántannos os materiais tradicionais reinventados co deseño e a tecnoloxía máis actual como a madeira e as súas infinitas posibilidades. Traballamos para reformar e adaptar os espazos existentes, optimizar os interiores e xerar novas posibilidades. A outra escala,  apostamos polo paisaxismo e urbanismo máis respectuoso co medio e a ordenación e integración coherente co lugar.

Denís Gándara está especializado en enxeñería  e deseño da madeira estructual na USC e en arquitectura e deseño de interiores na USAL. Para máis información sobre a súa carreira profesional consulten o seu  Curriculum Vitae